Bases NarraBreve

A Agrupación Socialista Coruñesa convoca anualmente  o Premio Literario de Relatos Curtos "NARRABREVE" para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. O Certame conta con dúas categorías, unha para autores e autoras de idade entre 15 e 18 anos e outra para maiores de idade. 

BASES CATEGORÍA XUVENIL
Có gallo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, a Agrupación Socialista Coruñesa convoca o Premio Literario Xuvenil “Narra Breve” 2015.
Poderán participar nel as mozas, e mozos, da Comunidade Autónoma de Galicia con idades comprendidas entre os 15 ata os 18 anos, cumpridos antes do 17 de maio de 2015.
A extensión mínima dos traballos será de tres folios Din-A4, e máximo de cinco. Deberán atoparse escritas en galego, mecanografiadas ou editadas cun procesador de textos, por una soa cara e a espazo dobre. Presentaranse cinco copias. A temática será libre.
Os traballos orixináis deberán ser enviados á sé da Agrupación Socialista con domicilio en Zalaeta, 40, 15003-A Coruña en sobre pechado. Dentro deste sobre presentarase outro sobre, tamén pechado no que figure, no seu exterior o título da obra, e no interior os datos relativos ao autor: nome, apelidos, enderezo, teléfono, e-mail, DNI ou Libro de Familia ou documento equivalente, que acredite a súa idade. Os orixináis tamén poderán ser enviados en formato dixital á conta de correo electrónico: narrabreve.psoe.coruna@gmail.com 
O prazo de presentación dos traballos rematará o día 6 de maio de 2015, e o faio do Xurado farase público o 16 de maio do mesmo ano. A decisión do Xurado será inapelábel.
Establécese un único PRIMEIRO PREMIO dotado coa cantidade de 300 euros e Diploma de Honra. Segundo a estimación do Xurado, poderanse conceder, atendendo á calidade das obras presentadas un ou varios Diplomas de Honra. O Premio poderá seren declarado “deserto”.
A entrega de premios realizarase o día 28 de maio de 2015 ás 20:00 horas na sé da Agrupación. Os premiados farán una lectura pública das súas obras.
O Xurado atoparase composto por persoalidades da cultura galega e por membros do Comité Organizador.
Os traballos premiados quedarán en poder da Organización. O autor renuncia a calquera remuneración en conceto de “dereitos de autor”. O resto de traballos serán devoltos a cadanseu autor que os reclame antes do día 10 de xullo de 2015. Poderán ser recollidos na sé da Agrupación.
A Organización do Certame resérvase o dereito de publicar una escolma cos traballos premiados nas diferentes edicións do Premio.
A participación no premio implica a acetación destas BASES.

BASES CATEGORÍA SENIOR
Có gallo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, a Agrupación Socialista Coruñesa convoca o Premio Literario “Narra Breve” 2015.
Poderán participar nel as mozas, e mozos, da Comunidade Autónoma de Galicia con idades superiores aos 18 anos, cumpridos antes do 17 de maio de 2015.
A extensión mínima dos traballos será de tres folios Din-A4, e máximo de cinco. Deberán atoparse escritas en galego, mecanografiadas ou editadas cun procesador de textos, por una soa cara e a espazo dobre. Presentaranse cinco copias. A temática será libre.
Os traballos orixináis deberán ser enviados á sé da Agrupación Socialista con domicilio en Zalaeta, 40, 15003-A Coruña en sobre pechado. Dentro deste sobre presentarase outro sobre, tamén pechado no que figure, no seu exterior o título da obra, e no interior os datos relativos ao autor: nome, apelidos, enderezo, teléfono, e-mail, DNI ou Libro de Familia ou documento equivalente, que acredite a súa idade. Os orixináis tamén poderán ser enviados en formato dixital á conta de correo electrónico: narrabreve.psoe.coruna@gmail.com
O prazo de presentación dos traballos rematará o día 6 de maio de 2015, e o faio do Xurado farase público o 16 de maio do mesmo ano. A decisión do Xurado será inapelábel.
Establécese un único PRIMEIRO PREMIO dotado coa cantidade de 300 euros e Diploma de Honra. Segundo a estimación do Xurado, poderanse conceder, atendendo á calidade das obras presentadas un ou varios Diplomas de Honra. O Premio poderá seren declarado “deserto”.
A entrega de premios realizarase o día 28 de maio de 2015 ás 20:00 horas na sé da Agrupación. Os premiados farán una lectura pública das súas obras.
O Xurado atoparase composto por persoalidades da cultura galega e por membros do Comité Organizador.
Os traballos premiados quedarán en poder da Organización. O autor renuncia a calquera remuneración en conceto de “dereitos de autor”. O resto de traballos serán devoltos a cadanseu autor que os reclame antes do día 10 de xullo de 2015. Poderán ser recollidos na sé da Agrupación.
A Organización do Certame resérvase o dereito de publicar una escolma cos traballos premiados nas diferentes edicións do Premio.

A participación no premio implica a acetación destas BASES.
Bases Premio Narrabreve 2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario