viernes, 3 de mayo de 2013

Celebración do Día das Letras Galegas

O Día das Letras é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á figura escollida. O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os académicos de número Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron a celebración do Día das Letras Galegas 
O 28 de abril do mesmo ano, en Xunta ordinaria, a Academia resolveu, por unanimidade, aprobar esta proposta e declarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, tal como explica a Real Academia Galega.
Na Agrupación Socialista Coruñesa imos celebrar o día facendo unha lectura dramatizada na Casa do Pobo dunha das obras de Roberto Vidal Bolaño, "Saxo Tenor"

Programa:
1. Presentación do Acto a cargo da Secretaria Xeral da Agrupación. Dª Mar Barcón.
2. Presentación dunha Semblanza de Roberto Vidal Bolaño. D. Loís F. R.Vázquez.
3. Lectura Dramatizada da Primeira Escea, do Primeiro Acto, da obra SAXOTENOR, de Roberto Vidal Bolaño.
4. Concerto de Corda dirixido por D. David Etheve, Chelo Primeiro daOrquestra Sinfónica de Galicia.
5. Interpretación do Hino Galego con chelo solista. D. David Etheve.
FIN DO ACTO.
¡Esperámosvos a todos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario