sábado, 9 de abril de 2016

Acto de presentación da primeira novela de Xoaquín Fernández Leiceaga


PRESENTACIÓN DA NOVELA
"Agosto de memoria e morte"
                                                           




             Este martes 05 de abril, tivemos, como vos adiantamos, a visita do escritor Xoaquín Fernández Leiceaga na Casa do Pobo da Coruña para presentarnos a súa primeira novela que leva por título "Agosto de memoria e morte".


            O acto comezou tomando á voz a nosa Secretaria Xeral, Mar Barcón, que ademais de falar do autor na súa traxectoria coma deputado no parlamento galego e a portavocía do grupo socialista no mesmo, nos lembrou a obra de Xoaquín previa a esta primeira novela, fundamentalmente de ensaio.

          A través das preguntas dos asistentes o autor foi desgranando moitas das claves da novela; comentounos que escribiu a novela -que tiña xa na cabeza hai tempo- nun periodo de aproximadamente seis meses que tivo entre que deixou a súa adicación politica e a súa reincorporación na Universidade e o seu labor docente.             
                                                
              Falounos do seu interese nesa época mais ou menos recente da Historia de España, o período da República e coma os xóvenes da época viviron esos momentos de ilusión con movementos revolucionarios e de marcado carácter galeguista, falou do grupu Ultreia, da introducción na historia da novela de personaxes reais e históricos e dando nun salto no tempo, a etapa de finais do franquismo, tamén recollida na novela, e de coma moitos deses xóvenes universitarios e da burguesía que simpatizaban  nun principio coa República, foron mudando ata ser afíns ó réxime franquista e mesmo ter unha posición destacada nel.

             Comentou connosco o seu coidado por facer unha novela de investigación baseada en crímenes e a resolución dos mesmos, no que todo cadrara e no deixara ningún fío solto, así coma todo o seu proceso de escritura, revisión, rectificacións  ata que a creación estivo lista para ser publicada.

               Despois de departir co público asistente e contestar as nosas preguntas amablemente, o acto finalizou coa intervención do noso compañeiro e membro do grupo da Biblioteca Lois fermín que agradeceu en nome de todo o grupo a presenza de Xoaquín na nosa Casa do Pobo, e convidándoo a que ademais de seguirse a falar de Fernández Leiceaga coma escritor, segamos falando nun futuro próximo del tamén no plano político.

                 E a título persoal, querería tamén dicir que tivo a amabilidade de adicarme o seu libro.

                 Grazas Xoaquín,  e grazas ó público que nos acompañou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario