RESUMO DO LIBRO:
Agosto, últimos anos do franquismo. Un promotor inmobiliario, ben
relacionado cos notables locais, aparece morto. Un neófito policía
deberá asumir a investigación. Corrupción? Conflitos empresariais?
Asuntos familiares? En canto apareza outro corpo, as elites locais
sentiranse ameazadas. As orixes dos acontecementos haberá que procuralas
ben lonxe, na República ou na Guerra Civil, cando os que hoxe morren
eran mozos e participaban nas teimas do seu tempo. Que sucedeu daquela
para ameazar aos que teñen hoxe unha posición acomodada e unha vida
cómoda, para os que a única preocupación é que o franquismo teña os días
contados?
O investigador deberá desenredar os cabos que o vendaval da historia
confundiu sen saber canto de próxima está a chave. As feridas que non
cauterizan dan sempre problemas e a ideoloxía pode manter aceso
demasiado tempo o lume do resentimento. O pasado atrápanos, a memoria
retorna... e mata.
Agardámovos
DATA: martes 5 de abril
LUGAR: Zalaeta, nº20
HORA: 20:00 h
No hay comentarios:
Publicar un comentario