sábado, 19 de septiembre de 2015

Inauguración Biblioteca da Casa do Pobo "Jose Manuel Pose Mesura"


Este LUNS 21 de setembro, ás OITO DA TARDE, terá lugar a reapertura da BIBLIOTECA DA CASA DO POBO, biblioteca que a partir desta semana contará có CATÁLOGO PÚBLICO EN LIÑA (OPAC) enlazado a través da web do PSOE local. Isto permitirá una maior difusión dos exemplares cos que conta a Agrupación e será de maior utilidade para a militancia e a cidadanía da Coruña.
Tamén contaremos cun bó número de actividades mensuais de animación á lectura, obradoiros e actos de divulgación cultural. O acto de inauguración da Biblioteca servirá, ademáis, para rendir un cariñoso homenaxe a quen foi un excelente compañeiro do Partido e da UGT, profesor, político e cidadán comprometido coas libertades e có noso país, JOSÉ MANUEL POSE MESURA, cuxo nome levará de aquí en adiante a BIBLIOTECA da Agrupación Socialista Coruñesa.

No acto de inauguración participarán JOSÉ ALFEIRÁN, CARLOS GO NZÁLEZ GARCÉS e ANA ROMERO que  lembrarán a figura de Pose Mesura e recuperar un dos seus últimos traballos na traducción dos documentos latinos da época de Alfonso IX recollidos na coñecida HISTORIA DA CORUÑA escrita por MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario